1 Ten que selo, despois de nove anos sen contar cunha normativa urbanística non podemos esperar máis tempo. É unha prioridade para o futuro de Ponteareas. A falta do PXOM é un dos fracasos de Solla. Outro máis.
2 Non se lle escapa a ningún veciño que aquí só hai dúas alternativas e pasan polas forzas máis votadas. Nós presentamonos para gañar, porque fomos o partido máis votado no 2007 e se accedemos a un acordo encabezaremos o goberno. A outra alternativa pasar por Solla e os independentes. Creo que as súas unións e rupturas son unha farsa. Só batallan polos interese persoais e iso vai provocar un rexeitamento dos veciños.
3 É imprescindible. Só hai que ver os datos de crecemento de poboación infantil, pero Solla e a Xunta non o entenden. As asociacións de pais e nais reclaman un novo colexio e non é un capricho. Temos 6.000 veciños máis que hai unha década e as mesmas dotacións. Tamén é moi importante acometer obras de mellora, o caso máis evidente é o Fermín Bouza Brey. Houbo un abandono xeral do ensino público.
4 Este é outro dos fracasos do goberno de Solla. Tanto el coma Nava están atados polas contratacións dalgunhas persoas. Nós conseguimos que se inhabilitara a José Castro por contratación irregular. Os traballadores non teñen a culpa pero hai que regularizar a situación dentro da legalidade e darlle oportunidade aos veciños para cubrir prazas.
bng xosé represas