A asociación Diálogos 90 entrega os premios «Galegas destacadas» a Carmen Pérez, Patricia Ferreira e Matilde González
01 feb 2010 . Actualizado a las 11:25 h.Co galo do cabodano de Concepción Arenal, que aínda vai ser o vindeiro xoves, a asociación Diálogos 90 entregou onte os premios Galegas destacadas a Carmen Pérez Vaquero, Patricia Ferreira e Matilde González. As tres premiadas recibiron un agasallo deseñado por Puri del Palacio de mans do alcalde da cidade. Antes, as asociadas a Diálogos 90 cumpriron coa memoria de Concepción Arenal, posando un ramo de flores na súa tumba, no cemiterio de Pereiró.
Xa no pazo de Castrelos, a voceira da asociación convocante, Marita Vázquez de la Cruz deu a benvida aos asistentes e prometeu non aburrir ao alcalde, ao recordar a fotografía boquexante do rexedor nun pleno da corporación que publicou La Voz de Galicia a pasada semana. Despois compensou ao primeiro edil dicíndolle que estaba a deixar a cidade «que parecía Londres».
Marita Vázquez manifestou que o mellor tiña que resucitar Concepción Arenal ante os novos aires que reclaman na actualidade a cadea perpetua. Cando agradeceu o continuo apoio que recibe este galardón de Caixanova non obvio a polémica actual ao redor da fusión das caixas, dicindo que por en riba de todo somos galegos. O premio Galegas destacadas pretende suliñar as aportacións que as galegas realizan en diferentes eidos á sociedade.
Membros da corporación municipal, a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, o Fiscal Xefe do TSXG, Carlos Varela, ou o Inspector Xefe do Corpo Nacional de Policía, Luís Manuel García Mañá foron algúns das persoas que acudiron ao acto.
A funcionaria do Concello de Redondela, Carmen Vázquez, premiada pola súa labor na introdución do galego na Administración e as empresas, foi a primeira en agradecer o galardón nun discurso no que rexeitou algúns argumentos que falaron, nos últimos meses, da imposición do galego na sociedade. Carmen Vázquez enumerou unha serie de exemplos que indican o contrario. «Das 600 misas que se ofician na comarca de Vigo so 2 ou 3 son en galego», puntualizou, nun discurso no que tamén reivindicou a figura de Concepción Arenal.
Patricia Ferreira naceu en Madrid, pero como dixo Marita Vázquez «os galegos nacemos onde nos da a gana». A relación desta directora de cine con Galicia xurdiu hai dez anos, e dende entón, grava todos os seus traballos nesta terra. «Solo el 10% de los puestos de creación y responsabilidad en el cine están en manos de mujeres, eso puede tiene influencia en las transmisión de modelos de conducta», señalóu a directora del documental Señora de .
A arqueóloga de O Castro
Matilde González recibiu o seu galardón coma se fose dirixido a todos os arqueólogos, e llo dedicou ao seu pai que sempre a animou a «traballar noutras tarefas máis limpas». Esta arqueóloga é a responsable do plan de recuperación e musealización do xacemento de O Castro que vai ser inaugurado nos vindeiros días. Matilde González sinalou que o patrimonio é un valor en alza que pode ser rendabilizado.
A entrega dos galardóns Galegas destacadas desenvolvese habitualmente o sábado máis próximo ao 4 de febreriro, cabodano de Concepción Arenal. Nesta ocasión, adiantaron o acto unha semana debido a cuestións de axenda política.