Cuestión de lingua

La Voz

VIGO

A área de Vigo éncehse de actividades esta fin de semana con motivo do Día das letras galegas con exposicións, concertos e obras de teatro para todas as idades. En A Guarda hoxe, a partir das 10.00, no auditorio de San Benito, haberá un acto con alumnos dos CEIP Sangriña, Sinde e Solanas- Nicolás Gutiérrez Campo. Baixo o título «O Galego é a lingua que nos une», os pequenos se divertirán dunha actuación de Tanxarina. Está organizado polos centros de normalización lingüística dos centros públicos de infantil e primaria. En Cangas , profesores e alumnos do colexio Nazaret o celebran coa exposición de obxectos antigos aportados polos pais. Destaca un mantón «da nai da tataravoa» de Daniel Antepazo, un neno de Infantil, que vai acompañado dun retrato da señora. Hai máquinas de fotos, unha serea de barco manual, libros de texto de do XIX e comezos do XX e un exemplar do xornal «El diario español», de 1909. En Salceda de Caselas a cita contará cunha exposición hoxe sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro, que se poderá visitar no centro cultural de Parderrubias e ás 22.30 haberá unha actuación musical. O sábado a aula municipal de teatro representará Pinchos Picantes, unha obra para maiores de 13 anos. O centro IES Pazo da Mercé, de As Neves , colaborou toda esta semana cun programa cheo de actos como conferencias, teatro e proxeccións. Hoxe haberá un concurso e unha festa con música tradicional. A asociación As Pedriñas organiza mañá en Mos a actuación unha actuación de cantareiras, gaiteiros e o grupo de teatro O lameiro, coa obra A vinganza da petra, a partir das 17. Ao rematar haberá unha merenda. O salón de plenos de Nigrán acollerá ás 20.30 una conferencia sobre Ramón Piñeiro que será impartida por Beatriz García Turnes, profesora de lingua e literatura galega. No auditorio Lois Tobío de Gondomar , ás 22 de hoxe actúa o cantautor guardés Tino Baz, acto organizado pola concellería de Cultura. A entrada é gratuíta ata completar o aforo, de 250 persoas.