O PP critica a «escasez inversora» na comarca

M.T.

VIGO

O deputado popular, César Pérez Ares, denuncia a «escaseza inversora, un ano máis, do goberno da actual Xunta na comarca do Baixo Miño». Segundo se contempla nos orzamentos para o vindeiro ano 2008 «vai supoñer unha auténtica paralización no eido de infraestruturas, saneamento, sanidade e parques empresariais», sostén.

Os populares consideran que «o exemplo máis salientable é o esquecemento do vial de alta capacidade ( entre Tui e A Guarda xa que se contempla unha dotación insuficiente consignando 2,5 millóns de euros para obras e expropiacións cando debería contar con preto de 70 millóns de euros para iniciar unha obra de tal envergadura».

Asemade, afirman, «ignora» os parques empresariais da Guarda, O Rosal e Tomiño tan necesarios para o desenvolvemento económico destes concellos e que vai a derivar nunha escasa oferta de solo contribuindo a que moitas empresas vaian para Portugal».