Tarde de cine para tódolos públicos no auditorio

La Voz

VIGO

O auditorio de Goián acollerá hoxe, ás sete e media da tarde a proxección da película «Pérez, o ratiño dos teus soños».

Esta actividade, que conta coa colaboración do Concello de Tomiño, forma parte da programación Cinema de Noite, subvencionada pola Consellería de Cultura para promover e difundir o medio audiovisual a través da proxección de películas en concellos que non dispoñan de sala de exhibición comercial.

«Pérez, o ratiño dos teus soños» é un filme apto para tódolos públicos. A película conta a historia dunha nena, Lucía que xunto coa súa familia axudará ao intrépido Ratiño Pérez a desbaratar os sinistros plans de Fugaz e Pipo, os dous malvados ratos da trama.