O Centro Dramático Galego presenta esta semana no Teatro Municipal de Tui a súa última montaxe titulado A Piragua , unha obra escrita e dirixida por Cándido Pazó. Haberá dobre función o xoves 31 de maio ás 21 horas, e o venres 1 de xuño ás 22h. A Piragua é a terceira produción da temporada do Centro Dramático Galego. Foi estreada o pasado día 13 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A obra centra a súa historia nunha comunidade de propietarios que se divide ante unha cuestión: ¿É lícito aparcar unha piragua nunha praza de garaxe? A partir de aí o texto ofrécenos o día a día dos veciños, para chegar dende a anécdota da piragua ao tema central do texto coma é a violencia de xénero, ate o caso que se está a producir nun dos pisos. Esta montaxe está protagonizada por Xosé Manuel Olveira «Pico», Susana Dans, Iolanda Muíños, Marcos Orsi, César Goldi, Ricardo de Barreiro, e Marián Bañobre. As entradas poranse á venda cada día de función, xoves e venres, ás 16.30h ao prezo de 4,5 e 3,5 euros con desconto e 2,5¿ para os menores de 12 anos. Esta actuación teatral está subvencionada gracias ó apoyo da Fundación Caixa Galicia.