O tradutor de galego que ten a Universidade na Internet procesa 200.000 documentos ao mes
VIGO
O número de usuarios do tradutor de galego da Universidade non deixa de medrar. Dende a súa posta en funcionamento en novembro do 2005, o tradutor de galego en liña Opendtrad foi incrementando o volumen de usuarios, ata alcanzar actualmente unha media de 150.000 textos, 50.000 páxinas web e 5.000 documentos por mes. A ferramenta, de carácter gratuíto, que se inclúe nos recursos en Internet ofrecidos no sitio do Seminario de Lingüística Informática da Universidade, xunto ao corrector de galego ou o dicionario de inglés-galego, permite obter de xeito automático a tradución do galego ao castelán e á inversa tanto de composicións illadas como de ficheiros, independentemente da súa extensión, e mesmo, navegar na rede en tempo real cambiando a lingua. Xunta e concellos A maioría dos usuarios pertencen á Administración autonómica e centros de ensino, seguida de servizos de saúde, e de concellos, entre os que destacan os de «Baiona e A Coruña, este último con 50 visitas ao mes», subliña Xavier Gómez Guinovart, coordinador do proxecto do tradutor.