MEDIO AMBIENTE
07 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.? Valedor do Pobo instou ao Concello a que solucionase con urxencia os problemas derivados do deficiente funcionamento da depurador do río Lagares para que se corrixan os fortes cheiros que emanan da instalación. Despois de dirixirse a través dunha recomendación ao Concello, o Valedor do Pobo continúa a esperar por unha resposta sen obter tampouco unha xustificación adecuada para a falta de actuacións. Por isto, o asunto incluirase no Informe Anual ou Especial, con mención das autoridades ou funcionarios que non facilitaron a búsqueda dunha solución para o problema da depuradora.