O Baixo Miño Os populares critican a «falta de inversións»
30 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.?s orzamentos aprobados pola Xunta para a comarca miñota son insuficientes para as necesidades actuais da zona. Iso é o que aseguran os populares, que califican de «ridícula» a atención presupuestaria cara ao vindeiro ano. O deputado César Pérez Ares afirma que durante o trámite parlamentario das contas públicas autonómicas, «presentei diferentes enmendas para correxir esas diferencias, especialmente no ámbito sanitario, de infraestructuras viarias e de saneamento, pero todas elas foron rexeitadas polos grupos socialista e nacionalista que apoian o Goberno bipartito». O PP sostén que a comarca precisaría dun mínimo de dez millóns de euros para «dar continuidade a todos os proxectos iniciados polo anterior Goberno, fronte aos 2,1 aos que se limitan as inversións». Pérez Ares sostén que a vía de alta capacidade, «está paralizada, cando debía estar en plena execución no 2007 e, nese ano, só contará coa décima parte do orzamento previsto polo Goberno popular para o 2006». A saturación que rexistra na actualidade o tráfico rodado na comarca, argumenta, fai precisa unha intervención inmediata, «polo que o PP solicitou unha achega adicional de seis millóns de euros para poder avanzar na execución das obras no próximo exercicio». As carencias afectan tamén, segundo os populares, ás necesidades sanitarias que tén O Baixo Miño. Neste apartado sinalan que «non se programou investimento algún para a construción do centro de saúde de Oia nin a ampliación do de Tui, prevista nun convenio asinado entre o alcalde dese Concello e o anterior conselleiro de Sanidade». Tamén botan en falta partidas económicas para solo empresarial nin dotación abondo para cubrir diferentes pistas deportivas de uso habitual nos colexios da comarca. Entre as eivas do proxecto, figuran inversións para «facer fronte ás necesidades de saneamento de Tomiño, O Rosal e Oia, carencia que repercutirá negativamente nos obexctivos dos valores ambientais da comarca programados con anterioridade». Reclaman, por outra banda, achegas para a realización de accións formativas que favorezan a inserción laboral dos desempregados, especialmente dos mozos. Pérez Ares critica que se rexeitaran as enmendas sobre formación e promoción do Camiño Portugués.