O Concello endurece as multas por obstaculizar vías públicas

J. Santos MOAÑA

VIGO

XOÁN CARLOS GIL

Moaña Cortar o tráfico con obras sancionarase con 500 euros A nova ordenanza especifica máis de 50 xeitos sancionables de aparcar, moitos deles habituales

23 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? nova ordenanza de circulación de Moaña, que entrou en vigor o venres da semana pasada, endurece dexeito considerable as sancions por cortar o tráfico nas rúas para executar obras privadas ou públicas; por realizar obras nas rúas urbanas sen autorización e por depositar nelas materiais de obra ou calquera clase de aparello. As multas van desde os 500 euros no primeiro caso a 301 euros nos outros dous. A ordenanza regula polo miudo o estacionamento, especificando más de 50 posibles infraccións que se multarán con cantidades variables, desde 15 euros por aparcar tan pegado á beirarrúa que impida realizar as labores de limpeza, ata os 301 euros por aparcar obstaculizando gravemente ou causando perigo para a circulación. Estacionar de xeito que os peóns se vexan obrigados a pasar pola calzada se multará con 91 euros. Aparcar en doble fila conlevará unha sanción de 120 euros, ao igual que facelo en sentido contrario ao de circulación, tanto se a rúa e de sentido único como doble. Estacionar no propio carril de circulación, en interseccións, impedindo a visibilidade, obbrigando a facer maniobras periogosas a outros conductores, en pasos de peóns, de dismunuidos ou ciclistas conleva unha multa de 150 euros. As paradas tamén están reguladas de xeito minucioso, coincidinco en moitos casos cos supostos de aparcamento sancionables, ainda que con multas menores, entre os 50 e os 150 euros. Obstaculizar a porta dunha vivenda ou a saida dun garaxe se pagará con 50 euros. Parar pegado a unha fachada cando non hai beirarrúas, sen deixar ao menos un metro de separación, se penaliza con 30 euros Andar en patíns pola vía pública ou xogar á pelota se multará con 15 euros. Ir en bici, patíns ou triciclos por zonas de peóns a máis velocidade que eles conlevará unha sanción de 10 euros. Colocar calquer sinal na vía pública sancionarase con 300 euros. Modificar as existentes conlevará unha multa de 150 euros, ao igual que colocar toldos ou anuncios que limiten a visibilidade. Os talleres que deixen aparcado na rúa un vehículo «con signos evidentes» de que estar pendente de reparación serán sancionados con 50 euros. Os propietarios de coches que teñan carteis anunciando a súa venda pagarán tamén 50 euros. Lavar o coche na vía pública sanciónase con 30 euros. O escape libre en ciclomotores conleva unha sanción de 91 euros. Circular cun silenciador ineficaz ou alterado múltarase con 50 euros. O conductor que ao pasar por un charco sen a «precaución necesaria» salpique aos peóns poderá ser sancionado con 30 euros. O regulamento incorpora os supostos de estacionamento en zona azul, que a ordenaza anterior non contemplaba. O Concello moañés proxecta habilitar un estacionamento con parkímetros detrás da praza. Xan cancelas afirma que está pendente do pintado e a instalación das correspondentes máquinas, sean de tíkets ou de lectura electrónica.