O PSOE critica a «deixadez» no control do servizo comarcal do lixo

La Voz LA VOZ | CANGAS

VIGO

? PSOE de O Morrazo mostra a súa preocupación «pola deixadez» da Mancomunidade por controlar o servizo de recolleita do lixo. Os socialistas fanse eco das denuncias veciñais ao asegurar que non se vacían regularmente os colectores de vidro e cartón, ainda que estean cheos; que non se lavan os de residuos domésticos, que están a «cheirar verdadeiramente mal»; e que a recollida ten cada día «un numeriño», expresión coa que se refiren a que en moitas zonas non se recolle todos os días Os socialistas amosan as súas dúbidas sobre a legalidade do contrato coa empresa que presta o servizo. Trátase dun contrato de emerxencia firmado cando Urbaser abandonou a recolleita que se prolongou mías de dous anos O PSOE reclama aos responsables da Mancomunidade «que fagan algo» para mellorar a situación.