O Concello anulará o convenio coa Igrexa no Campo do Cura

J. Santos CANGAS

VIGO

XOÁN CARLOS GIL

O auditorio e o centro social de Meira se construirán na Xunqueira O alcalde estima que as obras do complexo cultural non comenzarán antes dun ano

09 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O Concello de Moaña anulará o convenio urbanístico firmado co Arcebispado para o Campo do Cura, polo que a Igrexa se comprometía a ceder anticipadamente unha parcela de tres mil metros a cambio da recalificación urbanística do resto da finca e doutro solar pegado á PO-551. O convenio en cuestión foi incorporado al PXOM. O alcalde di que se buscarán fórmulas para cambiar a cualificación, sen descartar destinala a espazos dotacionais ou zona verde. O goberno local encargoulle ao equipo de arquitectos que fixo o proxecto do centro cultural e o auditorio para o Campo do Cura unha modificación para adaptalo á nova ubicación. O complexo vaise construír nunha parcela dotacional propiedade do Concello no plan parcial da Xunqueira, por detrás dos colexios e o pavillón. A parcela ten 7.899 metros cadrados. Limita no seu lado oeste co que vai ser unha zona verde de máis de seis mil metros de superficie e no norte, coa futura circunvalación de Moaña. É un terreo en pendente que permitirá unha diferenciación máis clara entre o centro sociocultural e o auditorio que a prevista no Campo do Cura. Dous niveis Tanto o alcalde como o concelleiro de Urbanismo estiman que a nova ubicación permitirá conxugar mellor as dúas partes do complexo cultural ao poder xogar con dous niveis. A adaptación do proxecto faina o equipo que gañou no 2003 o concurso de ideas para o complexo. Un equipo formado por Belinda Besada, Víctor Manuel González Magdaleno e Mariester Faílde. A su proposta foi presentada co nome do músico John Cale, un dos compoñentes, xunto con Lou Red, da lexendaria Velvet Underground. O presuposto da obra ronda os 2,5 millóns de euros. O equipo de goberno conta cun compromiso verbal da Consellería de Cultura de financiar «unha porcentaxe considerable», segundo indicaron Millán e Leites, porcentaxe superior á metade do custe total. Falta formalizar este compromiso. En canto aos prazos para iniciar as obras, o alcalde moañés estima que non serán inferiores a un ano. Xosé Manuel Millán descarta calquera posibilidade de poñer a primeira pedra antes das próximas eleccións municipais. O Concello conta xa co proxecto básico, pero non terá nas súas máns o de execución ata xaneiro. Despois terá que negociar o convenio de financiación con Cultura e licitar o proxecto.