Crítica | Teatro O Teatro de Arte Livre estrea hoxe unha nova versión de «Ollares de perfil», coa participación de Roberto Cordovani e Humy Donado
10 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.«É coma unha catarse», dicía, aínda resollando, Roberto Cordovani, despois de hora e media de puro teatro, no máis fermoso significado do termo. Era o ensaio xeral, antes da estrea desta noite, as dez, no Teatro de Arte Livre (Vázquez Varela, 19). foi estreada hai 19 anos e acadou numerosos premios en todo o mundo, coma o mellor espectáculo no Festival Internacional de Edimburgo do ano 1988, ou o mellor actor protagonista no Charrington London Fringe Award de 1988. En calquer caso, Roberto Cordovani o enche todo nesta suplantación da personalidade da Divina. Nesta nova versión, máis política e máis vencellada a Galicia, Cordovani faise acompañar por una enérxica Humy Donado (enrolada na obra mediantes un casting), o valenciano Ricardo López Ivars e o enigmático Leonel García Laborde. A través de sete esceas, Roberto Cordovani, coautor xunto a Alejandra Gibert, xoga coa ambigüidade da actriz, ao plantexar a historia dun actor sueco, Gustafsson, que interpreta nun bar nocturno o papel de Greta Garbo con grande convicción. Tanta, que todo se enreda nunha narración que ten dous momentos de grande carga emocional. Dous monólogos da Garbo que é imposible de non someterse á fascinación de cada unha das frases que Cordovani asume como propias, entre saloucos e ollares perdidos. O actor brasileño, xa galego, botou mán das Garbos de La reina Cristina de Suecia e Mata Hari , e algunhas fotografías da actriz para confeccionar a súa personaxe. «A escea da cama a tomamos da Reina Cristina que é unha metáfora de Greta Garbo, unha actriz vestida de home pero que é unha muller», di Cordovani, moi interesado en suliñar a soledade na que viviu a súa soñada Garbo_estivo a piques de coñecer en persoa a través do sobrino dela. Luces e música A obra desenvólvese nun escenario baleiro, no que as luces collen un protagonismo só compartido polas músicas que acompañan os cambios de esceas. Especial importancia ten todo o traballo de maquillaxe, feito polos propios actores. «Lévanos más de hora e media nos preparar por iso só podemos facer unha sesión diaria», di Cordovani. A obra estará en Vigo ata finais de xaneiro. As entradas custan 13 e 10 euros sempre que se merquen media hora antes do inicio. Se non, custará 15 e 12 euros.