Cangas, cando o mar chegaba mesmo ata os baixos das casas

J. Santos CANGAS

VIGO

XOÁN CARLOS GIL

Reportaxe | A outra fachada marítima Tonino Graña está a rematar unha maqueta a 1:30 da Praza do Arco tal como foi fai algo máis dun século, antes de existir a alameda, o Aterrado e a rúa Vincenti

14 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Do frente martimo de Cangas de fai un século apenas queda nada. Entón, o mar chegaba atas as primeiras casas. Hoxe, despois de sucesivos recheos, as vivendas e comercios están separados do porto varios centos de metros. Os cangueses ganáron alamedas, unha amplia rúa case sempre atestada de coches, aparcamentos, paseos, e servicios diversos, pero pouco a pouco van perdendo de vista o mar. Tonino Graña, ebanista de profesión, está a construir unha maqueta a escala 1:30 da Praza do Arco tal como era a finais de 1800. Pouco se parece a cómo é hoxe. Non existía entón a rúa Eduardo Vincenti, a Alameda vella, o Aterrado e a PO-551. Só se conservan duas edificacións en toda esa rúa: a de Indalecio e a casa dos arcos. Fai un século, o mar chegaba á casa da Peloura, onde hoxe hai unha polería e a tenda de regalos Agarimo. Daquela, coa maré alta, a auga entraba no baixo, no que se encascaban (teñían) os aparellos. Tonio Graña ouviu contar que o dono probaba as liñas dos polbos dende o balcón. Pouco a pouco, o mar foi recuando, empuxado por sucesivos recheos. A casa de Quirós foi una das primeiras en ser demolida para levantar no solar un edificio. Anos despois, foi derribada a Capela do Hospital para erguer no solar a construcción máis alta de Cangas naqueles tempos, o edificio de Caixanova. Unha tras outra, foron caíndo as casas tradicionais para ser sustituidas por edificacións modernas, na maioría dos casos, de estética cuestionable. Tonino Graña está facendo esta maqueta coa mesma intención que fixo a reproducción do Reló (o quiosco meteorolóxico da Alameda Vella), da Capela do Hospital ou da Praza de Síngulis: a de reivindicar a súa reconstrucción (nos casos do Reló e a Capela) ou de reclamar un respeto polo que aínda pervive. No caso da Praza do Arco, a construcción da maqueta esconde unha clara protesta que o ebanista resume no lema «Contra os recheos». O traballo de Graña tivo algunhas recompensas. Serviu de estímulo para reclamar e conseguir a reconstrucción do Reló (en 1991) e da Capela do Hospital. A maqueta do primeiro desapareceu. A da Capela, tras quedar claro o desinterés do Concello e de Caixanova, está agora no museo da Mangallona. A maqueta da Praza de Síngulis, unha das pouzas zonas de Cangas que se conservan tal como foi sempre, está no Museo Massó, en Bueu. A Praza do Arco era, fai cen anos, unha praciña bastante parecida a como é hoxe se non fora polas edificacións ca circundan. Había tres patíns, do que non queda ningún. A Casa de Quirós apoiaba na dos arcos. O paso hacia a rúa do mesmo nome iba por debaixo deles. O edificio que se ergueu no solar foi retranqueado. O de Caixagalicia era de baixo e planta. Pola praza e máis por Garelli (antes Romay), baixaban os caños ata o mar tapados con lousas de pedra. Pegado á casa da Peloura había unha rampa de varada.. Graña reproduce rúas e casas con tacos de madeira como se foran lousas de pedra.