A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, inaugurou onte, na rúa Progreso, o punto de venda da campaña De boa man , que pretende divulgar os artigos de artesanía realizados por persoas con discapacidade. Cada unha destas asociacións conta con obradoiros onde persoas con discapacidade elaboran produtos artesáns para a súa posterior venda. Así, pódense comprar desde artigos de coiro ata marmeladas caseiras. A asociacións presentes son Alento (Asociación de Dano Cerebral), Apamp (Asociación de Pais de Minusválidos da Provincia), Aspanaex (Asociación a prol das Persoas con Discapacidade Intelectual), Aspavi (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual), Cogami (Confederación Gallega de Minusválidos), Doa (Asociación de Axuda ao Enfermo Mental), Menela (Fundación a prol das Persoas con Transtorno do Espectro Autista) e San Rafael (Hogar y Clínica de San Rafael).