Os usuarios reaccionaron con alegría e sorpresa ao comprobar que non tiñan que pagar
23 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.? fin da peaxe do Morrazo é unha demostración clara de que a presión popular levada a cabo sen desánimo e con constancia ten os seus frutos. Custou tempo e traballo, pero ao final chegou a recompensa. A Plataforma Antipeaxe, que liderou a reivindicación durante oito anos, tiña claro que tarde ou cedo, a peaxe iba desaparecer. As reaccións dos usuarios foron curiosas durante todo o día de onte. Algúns, bastantes, en realidade, sabían que desde as 12 da noite do luns quedará suprimida a peaxe. Moitos deles pasaban entre as cabinas que aínda quedan en pé pisando o acelerador. Un bo número de conductores non sabían nada. Chegaban á peaxe e paraban; uns buscando os oitenta céntimos no bolsillo e outros sacando pola ventá a tarxeta do bono peaxe sin atopar a habitual man receptora. Case ningún sabía ben como interpretar un papel escrito a man pegado na cabina cun lacónico «Siga». Varios periodistas apostados no lugar tiveron que facer de improvisados gardas, dándolle paso aos que persistían en pagar a viaxe. Un señor maior, alleo totalmente á boa nova, para nunha das cabinas, desabrocha o cinto e lentamente, busca na carteira as moedas. Un reporteiro gráfico levanta ó ollo da cámara e lle dice que xa non hai peaxe. O mira, sorprendido. «Ah, bueno», dice, como se fora o máis natural, e garda os cartos, abrocha de novo o cinturón e, sen presas, mete primeira para seguir o seu camiño, mentras o conductor que está detrás del pita exasperado. Pasan duas mulleres nun turismo e paran, a ver que está pasando. A copiloto é Elvira Masey Rúa, de Meira, que cruza varias veces ao día a ponte. -«¿Qué opina do fin da peaxe, señora?», pregunta o periodista» -«¡Mi madriña¡», responde. -«Vou facer un peto para ir de vacacións cos cartos que aforre. Coa economía tan mal como está, esto permíteche algún luxo», dice. Elvira Masey pertenece ao grupo de persoas que non se podían beneficiar do bono peaxe. O coche está a nome da empresa e o bono só o poden pedir persoas físicas. Non lle importa que agora o OBE non lle sirva para nada. «Dame igual. Tiro con él», afirma, contenta. Pouco antes pasou unha muller con varios nenos. «¿Que pasa?», pregunta a un dos fotógrafos que andaban por alí. «Que xa non hai peaxe», respóndelle. «E agora quen nos devolve os 36 euros que costou esto», dice, ensinando o aparato de paso automático. Audasa comenzou a retirar as cabinas. Ten seis meses para facelo. No futuro quedarán unha dinámica, para os que se dirixan ou procedan de Pontevedra, e outra manual, para aqueles que non teñan o OBE e pidan a devolución dos 80 céntimos cobrados de máis na peaxe de Vilaboa. O resto, desaparecerá.