24 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.
A xunta electoral reunida onte, validou as candidaturas presentadas ata o pasado día 15 de marzo para a renovación do pleno da Cámara de Comercio de Vigo. Preséntanse de 74 empresas para cubrir 50 vogalías no máximo órgano de representación cameral. Segundo o procedemento electoral, nos grupos e categorías onde o número de candidatos presentados equivale ao de vogalías a elixir, non haberá que facer votación. Nos grupos e categorías onde, pola contra, hai máis candidatos que número de vogais a elixir, se celebrarán votacións.