COMENTARIO
04 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Me vou referir, nesta ocasión que, para conservar a nosa historia como testemuña do que fomos e do que seremos para as vindeiras xeracións, non podemos esquecer na memoria os nosos esforzos individuais e colectivos. Nada hai mellor que, conservando a fe e o entusiasmo na memoria da mocidade, que éstes compartan as súas experiencias no proceso creativo dos seus proxectos inmediatos. Con todo, eu preferiría, que apostásemos xa por eles e que aproveitando o seu potencial podamos prestigiar a nosa terra, porque temos condicións para dar o salto. Pero para iso, temos que ser os galegos os primeiros en crelo. Os sonos, as inquedanzas, tamén poden modificar os acontecementos. Moitas veces o esforzo non se corresponde coa recepción esperada. Na vida real, neste caso a cousa quedou pola metade e o único que cabe é a resignación. Por iso, sen dúbida, cabe agardar que a curto prazo, construíndo coñecemento, confianza e comunicación, resultará moi útil para os colectivos, as empresas,¿; recoller froitos, buscando implicar a todos os membros preocupados. Pero tamén a historia está feita de pequenas cousas, de esforzos individuais, que carecen, ao meu xuízo do recoñecemento que merecería. Así pois, nas ocasións actuais parellas, as experiencias do que fomos ao longo do tempo, revela a nova presenza da que cómpre estar ben atentos.