O actor Carlos Blanco conduce o espectáculo «Son de Aquí»

VIGO

A montaxe repasa diversas manifestacións culturais propias de Galicia Treixadura y Leilía poñen a música á obra que chega ao Centro Cultural Caixanova

04 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

O espectáculo chámase Son de aquí porque xoga coa procedencia e as músicas galegas que o compoñen. Aínda que foi anunciado para hai unhas semanas, Son de aquí foi posposto sen que entón soubéranse as causas. Hoxe, a partir das oito e media do serán, quedará conxurado aquel atranco aínda que presentará unha variación na presencia de Carlos Blanco no papel de conductor, sustituindo a Quico Cadaval. Contos e música xurde da intención de crear un proxecto que poida ofrecer ao público algo máis que música en directo. Se trata dunha montaxe no que ten cabida algunha das máis importantes manifestacións da cultura galega, como é a lingua, os contos, o baile, os seus instrumentos, a música, o canto tradicional, etc. Un espectáculo que enche de aire os pobos e cidades polos que pasa. Ao longo da montaxe, Carlos Blanco vai contando historias da tradición oral galega que dan pe ás intervencións dos diferentes artistas que compoñen o espectáculo: Leilía, Orfeón Treixadura e Treixadura gaiteiros. Na figura de Carlos Blanco mistúranse, a partes iguais, o encanto das historias populares do noso país coa creatividade máis vanguardista do teatro e o cine actual, dando lugar a unha das personalidades máis importantes do panorama artístico galego. Contacontos, actor, autor de monólogos, son algunhas das facetas máis saiantables dun artista que fai da palabra a ferramenta ideal coa que conquistar ao público en cada unha das súas aparicións. Pola súa banda, Leilía descobre a Pandereitada, que trae as voces apaixoadas de cinco mulleres que mistiruan o canto tradicional galego arropado por unha instrumentación musical que enche de forza os seus concertos. Orfeón Treixadura naceu no 2003 por unha colaboración musical co grupo Treixadura. Composto por importantes voces do eido da música galega, o grupo recrea o son dos antiguos orfeóns que a principios do século XX interpretaban música en Galicia. Treixadura Gaiteiros constitue un espectáculo musical que envolve ao público nunha atmósfera de son e imaxes: valses, muiñeiras, foliadas, pasodobles e demáis ritmos da nosa tradición. Este gran espectáculo comezará as oito e media na sala principal do Centro Cultural Caixanova. As entradas costan seis euros para a zona de butacas, cinco para o primeiro anfiteatro, catro para o segundo anfiteatro e dous euros e medio para o terceiro. As entradas se poden adquirir na taquilla do Centro Cultural Caixanova, de 11 a 14 e de 18 a 21 horas. Filharmonia Por outra banda, o vindeiro venres, o Centro Cultural Caixanova acollerá un concierto da Real Filharmonia de Galicia, dirixida por Paul Daniel e acompañada polo violinista Ilya Gringolts. O programa está composto polo Saturnal de Manuel Balboa; o Concereto para violín en re menor de Robert Schumann; e a Sinfonía nº 4 en la menor, op. 63, de Jean Sibelius.