Encontro coas Letras en Tomiño

La Voz

VIGO

17 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Tamén Tomiño e A Guarda conmemoraron o Día das Letras. O Concello tomiñés o fixo coa posta en marcha da súa primeira Feira do Libro, no que participaron as librerías Seixo, Alba, Novidades e Vetusta Morla. O encontro estivo amenizado pola Agrupación Musical de Goián que, pola noite, tamén actuou no Centro Goianés. Esta entidade organizou ademáis unha interesante exposición de refráns populares recompilados pola asociación xuvenil Taíña. A Agrupación Cultural Guardesa organizou, pola súa banda, o festival folclórico no que se deron cita os grupos de gaitas da Terceira Idade, Boalleira, Xamaraina, Anduriñas, A Beira do Río e de Lusco ó Fusco así como os grupos de baile do Recreativo Artístico Guardés e Bailadela. Os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas continuarán o sábado 28 coa homenaxe que a Agrupación Cultural lle rendirá ao investigador e historiador local, Miguel Villa Álvarez. Antón Ferreira conducirá o acto, cunhas palabras sobre o escritor.