27 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.
Teatro de Ningures representará mañá en Vigo a montaxe de O Tartufo , de Molière, dirixida por Etelvino Vázquez, no Centro Cultural Caixanova ás 20.30 horas. Teatro de Ningures, máis que o retrato dunha época e uns costumes sociais, sinala que quere «desenmascarar e amosar a hipocresía e o engano, para que se sintan reflectidos como nun espello tanto os estafadores como os enganados, porque Molière non só retratou con esta obra a falsidade do hipócrita en Tartufo, senón a morneza e a debilidade moral en Orgón, un estereotipo de dependencia persoal ridiculizado en toda a súa crueza». Entradas entre 2,50 y 6 euros.