Mulleres e obxectos literarios

La Voz

VIGO

ÓSCAR VÁZQUEZ

A Casa do Libro acolleu onte a presentación da nova publicación de María do Cebreiro, As terceiras mulleres , editado por Galaxia. A obra recolle varios artigos sobre a escrita das mulleres e da visión que delas ofrecen os homes desde a perspectiva da literatura comparada, na que a autora é unha experta. O ensaio traza un percorrido libre por distintas obras da tradición occidental, desde Ovidio a Cunqueiro, de Rosalía de Castro a Virginia Wolf. María do Cebreiro Rábade Villar (Compostela, 1978) é unha recoñecidade poeta que ademais exerce a crítica en libros como As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña , (Premio de Investigación Dámaso Alonso 2002).