O Morrazo honra a Manuel María con un extenso programa de actos

J. Santos CANGAS

VIGO

BENITO ORDÓÑEZ

A homenaxe comenza hoxe cunha mesa redonda e remata o sábado cun concerto Case medio cento de colectivos e institucións da comarca colaboran na iniciativa

20 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O Morrazo réndelle unha homenaxe ó poeta lucense Manuel María cun amplo programa de actos que comenzará hoxe cunha mesa redonda, tendrá continuidade mañán cun recital poético, no que arredor de coarenta veciños da comarca lerán versos do escritor ou, como no caso de Bernardino Graña, poemas propios, e rematará o sábado cun concerto no auditorio no que participarán varios músicos da comarca e que pechará A Quenlla. A mesa redonda terá lugar no auditorio municipal a partir das 20.00 horas. Intervirán Bautista Álvarez, Bernardino Graña, Vázquez Pintor e Manuela Álvarez. Fará a presentación Pilar Fernández. O recital poético do venres comenzará tamén as oito da tarde no auditorio. Entre os recitadores estarán o alcalde de Moaña, Xosé Manuel Millán, que ten una longa traxectoria como poeta, e a portavoz do BNG cangués Clara Millán. Participarán tamén os escritores Xosé María Álvarez Cáccamo, Vázquez Pintor, Xosé Manuel Barreiro «Oli», Henrique Harguindey, Rafael Fernández ou Pilar Fernández, entre outros. O gaiteiro moañés Iván Costa interpretará un par de pezas nun intermedio e a Coral Polifónica de Bueu cantará cinco cancións e rematará o acto cantando, xunto co público presente, o poema «Galicia». O sábado remata a homenaxe cun concerto no auditorio que comenzará ás 21.00 horas. A entrada custará 3 euros, ainda que os mozos entrarán de balde. O concerto o presentarán Ana e Concha, da Asociación de Mulleres de Moaña. Meiramar Axóuxeres bailará no hall do auditorio a Danza do espantallo. Antes, no centro de Cangas, os grupos Manxadoira e Tromentelo farán sendos pasarrúas. Actuarán despois no auditorio. No escenario estarán Na Virada, Tino Vaz, Xabier Blanco e A Quenlla.