«Estaría encantada con Beiras como número dous da lista»

VIGO

Entrevista | Carme Adán Villamarín Profesora de instituto, colabora con organizacións feministas e é membro da Aula Castelao; pese a elo, e unha descoñecida pola súa militancia política

16 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O BNG optou por renovar as súas listas e en Pontevedra escolleu a Carme Adán para encabezala. Profesora de instituto e veterana militante, ata o de agora, sen embargo, non tivo ningún cargo público. -A mín se me fixo unha proposta para participar nun proxecto colectivo do BNG, e aceptei. Penso que forma parte do proceso de renovación. -O seu reto, nestes intres, será darse a coñecer nos meses que faltan ata as eleccións... -Hai moito traballo por diante e estou ilusionada. Quero coñecer o que preocupa as persoas da provincia para mellorar a sua calidade de vida. Espero recibir información directa e non só dosiers. Penso patear a provincia e pulsar os seus problemas. -Quizais axudara ter a Beiras de número dous na candidatura... -Xa manifestei públicamente a miña admiración polo traballo e a persoa de Xosé Manuel Beiras. Estaría encantada de telo como número dous. -Tamén podería quedar difuminada ante a sua personalidade política. -A verdade é que non teño medo á difuminación. O importante é o traballo en equipo. -¿Preocupalle, como nacionalista, a crise que supón a demisión de Beiras e o xeito como se produxo? -Realmente, prodúceme certa tristura, pero é a forma que elixíu e polo tanto é respetable. Eu suscribo as palabras da executiva nacional: Beiras é unha parte moi importante do nacionalismo e mesmo de Galiza; o seu pensamento e traxectoria están aí. -Na hipótese dun triunfo da esquerda nas autonómicas, ¿é imaxinable un conflicto coma o do Concello vigués na Xunta? -Nós nos presentamos ás eleccións para gañalas e estamos polo cambio político. -Postos a elexir, ¿Prefire en outubro un triunfo sobre ou PSOE, aínda que gañe o PP, ou derrotar a Fraga quedando despois dos socialistas? -Repito, queremos gañar as eleccións e que Anxo Quintana sexa o presidente. -Supoño que será doado enumerar erros de Fraga na súa xestión. ¿Ocúrreselle ocurre algún acerto? -Eu nunca son catastrofista. Ninguén busca levar a sociedade a tuneis sen saída; penso que nalgún punto da xestión do PP haberá luces, pero en xeral non é acertada. -¿Qué temas lle preocupan especialmente cara ao seu futuro labor no Parlamento? -De xeito prioritario as cuestións relacionadas coa sanidade, vital para os cidadáns; tamén a educación, eido no que me levo movido moitos anos ou os asuntos culturais e, por suposto, a igualdade entre o home e a muller. -¿A qué atribue o alonxamento dos cidadáns dos seus representantes? -Necesitamos rexenerar a vida política. Nos últimos anos callou a idea de que os políticos van ao seu e penso que é falso. En calquera caso, a xente si coñece e pide contas. Persoalmente, penso primar a cercanía, algo que tamén intenta o BNG. -Eleccións vascas. ¿Soña cun triunfo do PNV? -Evidentemente o BNG prefire o éxito dos nacionalistas, pero é unha cuestión que deben decidir os vascos. -¿Desexa un plan Ibarretxe para Galicia? -Xa o ten contestado Quintana. As circunstancias de cada pobo son diferentes e as solucións tamén.