Crónica | Tradicións galegas Caseque todos os barrios da cidade tiveron onte os seus magostos, que é unha festa que celebra a matanza do porco e prepara a chegada das tebras do inverno
13 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Os galegos non son quen de celebrar calquer cousa sen tirar da comida e da bebida, e o Nadal e o entroido son bos exemplos delo. Coincidindo coa chegada do San Martiño, o nome clave é o magosto, unha celebración rural que paseniñamente foi conquistando as cidades galegas, ate situarse nos postos altos do hit festeiro galego. Onte os diferentes barrios de Vigo celebraron esta festa, intimamente vencellada ás castañas, ao viño novo e á música. Din os manuais antropolóxicos que o magosto require de o frío sol de novembro, e onte o tiveron as diferentes festas. Din tamén que nas aldeas, a xente prendía fogueiras coma se fose San Xoan, pero nas cidades xa non é posible tal condicionante. O magosto máis aberto e maís concurrido dos que se celebraron onte foi o do Berbés. No barrio antigo de Vigo, a Federación de Peñas El Olivo botou a casa pola fiestra para celebrar o San Martiño. Cinco ou seis persoas non daban feito para atender ao xentío que lles reclamaba a súa ración de castañas asadas. E iso que os traballos previos comezaron as catro e media da tarde, duas horas antes de empezar o choio. Música Para acougar os ánimos, a organización ofreceu varias actuacións musicais que levaron á xente a botar unha peza ao longo da plaza de O Berbés. Foron sucedéndose o grupo de baile Peña Xuntaza, Os Ferreiros da Taberna e as Cantareiras do Berbés, ou polo menos, iso dicía o programa. Tamén estaba previsto que fora o multimedallista paralímpico Chano Rodríguez o encargado de ler o pregón da festa, algo que sucedeu a iso das oito e cuarto, máis o menos. Pero as parroquias viguesas tamén asaron castañas. Dende Carbal, hasta Vincios, en todo o Concello o magosto domiñou a situación. En Valladares, comezaron as oito do serán, e tiveron a música do grupo de gaitas Aturuxo e as Cantareiras do Alba, grupos pertencentes ao Centro Veciñal e Cultural de Valladares. En Vincios foron un pouco máis aló, e contrataron a unha orquesta para prolongar a festa nunha verbena nocturna, claro que na Asociación Veciñal Galiñeiro de Vincios xa teñen confeccionado o menú da festa de fin de ano, que no vai ser o 31 de nadal, senon o 4 de nadal, para o que xa teñen aberto o período de inscripción no teléfono 986 469 692. Din que haberá centolas, bois, langostiños, cigalas, nécoras e outros manxares. Na parroquia de Sárdoma non esqueceron nesta data á igresia, aínda que fora como escenario para a actuación do Coro Clásico de Vigo. Xa fora, houbo castañas para os asistentes a este medido magosto. Mais o magosto é a preparación para o escuro inverno. O momento de abastecemento das carnes de porco que axudarán a pasar os malos momentos ata que chegue o entroido, e con el a primavera que abrirá os días e esquecerá as tebras. Mentras tanto, as castañas, as mesmas castañas que comían os habitantes dos castros, o cocido e as gaitas levarán a ledicia a quen recorda a un tal San Martiño.