O PSOE cangués mostraba unha evidente división, producto da actuación do grupo municipal, moi próximo ó PP. Lois Pena está decidido a cambiar esta dinámica. -¿O cambio de secretario xeral de Cangas vai implicar un distanciamento do PP? -O grupo municipal é autónomo no seu traballo, o que pasa é que recibe directrices. O grupo municipal sabe perfectamente que nós estamos na oposición para facer oposición e para controlar que todo sexa correcto. Si se necesitara o noso apoio en casos de trascendencia para Cangas, a executiva e a asamblea de militantes decidirá, pero en xeral, non temos que votar a favor de nada que o PP presente. -A realidade é que o PSOE está votando a favor de moitas das iniciativa do PP. -Eso foi ata ó último pleno, Veremos que pasa agora. A nós non nos necesitan para nada e hai unha frase que quero deixar moi clara, con todo respecto para todos os compañeiros: a min non me gusta ser comparsa de nadie. Si estou na oposición e estou votando sen que me necesiten estou sendo partícipe dun acercamento que non é normal. Nós non facemos a mesma política que o Partido Popular. -¿Cómo se debe entender o que acaba de decir? -Así como o estas oíndo, que non é normal o acercamento que houbo ó PP. Nos temos que facer a nosa política. Non temos que apoiar nada, nin en urbanismo nin en nada. Estamos nunha nova etapa. Si o grupo municipal decide andar autónomamente, non será co visto bo do partido.