O CDG presenta «A comedia do Gurgullo», na que recrea o espíritu de Plauto

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO

12 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

Os próximos días 16 e 17 de xaneiro, ás 20'30 horas, terá lugar a representación da obra A comedia do Gurgullo , a cargo do Centro Dramático Galego, no Teatro do Centro Cultural Caixanova. A nova montaxe do CDG está dirixida por Celso Parada e o elenco está formado por Manuel Pombal, Xan Casas, Vicente de Souza, Miguel Varela, Marcos Orsi, Evaristo Calvo, César Goldi, Mundo Villaluste, Manuel Pombal e Santi Prego. «Fidelidade» Na Comedia do Gurgullo encóntranse os principais motivos e personaxes tópicos de Plauto, «todo para crear unha farsa vivaz onde a música e a danza teñan tamén un papel importante tal e como o tiñan nos cantica; e que vai ter só de galaico «o punto de vista. Pois no noso ánimo está tentar unha fidelidade máxima ó espírito e á letra de Plauto», explica Parada. As localidades están xa á venda na taquilla telefónica 986 110 500 e en Internet na páxina web de Caixanova, www.caixanova.es. O prezo en butaca é de 8 euros; anfiteatro 1º, 6 euros; anfiteatro segundo, 4 euros e anfiteatro terceiro 3 euros.