O movemento veciñal homenaxea a 17 dos seus membros en Castrelos

VIGO

GUSTAVO RIVAS

O alcalde alabou a labor desinteresada que desenvolven as asociacións na vida viguesa O Partido Popular foi o único grupo municipal que non asistiu a festa da Federación

21 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A Federación de Asociacións de Veciños de Vigo Eduardo Chao celebrou onte a 12 edición da festa veciñal, un festexo que quere homenaxear a aquelas persoas que traballan ó lado do movemento veciñal. A festa tivo como marco o parque de Castrelos, onde os organizadores montaron unha carpa para acoller a comida de confraternidade. Antes, Ventura Pérez Mariño dirixiuse os participantes para agradecerlles a súa labor nas parroquias e barrios do municipio. El regidor comezou o seu discurso saudando en galego, o que motivou un forte aplauso da concurrrencia. O peor é que seguiu o discurso empregando o idioma de Cervantes e non se librou dun abucheo xeneralizado. Anécdotas ó marxe, o alcalde suliñou o altruismo que dirixe as pegadas do movemento veciñal e botou man do alemán Bertolt Brecht para lembrar a importancia dos que sempre fan algo polos demáis. Xunto o alcalde tamén acudiron á cita coa Federación, a meirande parte dos membros do equipo de goberno, tanto do PSdeG-PSOE como do BNG. Notouse a ausencia dos concelleiros do PP, que onte tiñan a cita no Monte do Gozo de Compostela, e tampouco estiveron os concelleiros de Progresistas Vigueses. Entre as 17persoas homenxeadas pola súa labor veciñal estaba o ex concelleiro Uxío González. A Federación entregoulle unha peza de Sargadelos e foron moitos os que lle pediron que voltase a traballar no seo da Federación de Veciños. Cada asociación elixe a unha persoa para seren obxecto da homenaxe. Nesta ocasión, a Asociación de Veciños de Alcabre propuso a un mariñeiro e un voluntario que traballou na limpeza do chapapote para lembrar os feitos acontecidos hai un ano. Actuacións Xa pola mañá houbo actuacións a cargo de grupos de música tradicional e a banda de San Miguel de Oia. Tralo acto de homenaxe, 350 membros das asociacións compartiron mantel baixo a carpa instalada en Castrelos. Polbo, empanadas diversas e paella galega foi a composición do menú. Tres cociñeiros fixeron unha versión galega da paella na que non faltou o coello e outros productos do país. Xa pola tarde, as actividades non deron descanso os membros do movento veciñal. Tódalas seccións culturais das asociacións ofreceron música para que a xente poidera bailar. Paralelamente, o grupo Troula fixo o traballo de animación infantil, labor na que se viron acompañados polos titiriteiros da Asociación do Freixo. Os participantes tamén poideron comprobar como funcionan os obradoiros que organiza a Vocalia da Muller ó longo do ano. Como peche de festa, o grupo de música folk Tarxa, de Castrelos, ofreceu un concerto. Recoñecemento As persoas homenaxeadas este ano foron: Purificación Vázquez, da Salgueira, David Costas e Alberto Martínez de Alcabre, Francisco Estévez Nóvoa de Beade, Carmen Reboreda Bastos de Bouzas, José Soto Iglesias de Cabral, el Comesaña Sporting Club de Comesaña, Marcelina Paneta Graña de Lavadores, Obdulia Alonso Iglesias de Matamá, Ernesto Otero Nóvoa de Oia, Amador Alén Ferro e Herminia López Fraga de Valadares, Rosario Freiría Prado do Freixo, Juan Antonio Gardón Álvarez de Teis, Ana Isabel Calveiro Aldao de Fragoso e Uxío González pola Federación.