O escritor Francisco Castro presenta hoxe en Vigo o seu novo libro, Memorial do infortunio. A obra é unha novela de aventuras que recrea a conquista do Perú a traverso da ollada de dous soldados galegos no século XVI. A Inquisición, a maxia Inca, a Conquista de América e, sobre todo, as aventuras dos conquistadores e as conflictivas relacións cos nativos do Novo Mundo, están presentes ó longo desta historia que supón un xiro radical na obra de Francisco Castro. O autor vigués, nado en 1966, ten publicadas varias obras de narrativa entre as que destacan Play Back (premio Lueiro Rey 1997), A canción do náufrago e Xeografías (finalista do premio de narrativa erótica 2001). A presentación terá lugar hoxe ás 20 horas no salón de actos da Casa del Libro. Xunto ó autor estará o xornalista Manuel Veiga e o crítico literario e profesor de Literatura Galega, Ramón Nicolás.