«Invertir en infancia é invertir en futuro»

La Voz

VIGO

Entrevista | Bertila Fernández Aínda que o próximo curso repetirá como máxima responsable da Anpa, asegura que o que máis lle gusta é traballar na sombra e pasar desapercibida

05 jul 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Bertila Fernández só leva un ano como presidenta de Foanpas, pero asegura que o que máis lle gusta é pasar desapercibida, «aínda que ás veces é necesario dar a cara». -Rematado o curso, supoño que é o momento de facer balance. -Foi un ano moi intenso, de moito traballo. Ademais de que manexamos gran cantidade de información sobre educación, houbo situacións complexas co Prestige e a guerra. -Libros de texto gratuitos é unha vella reivindicación, pero semella un tema polémico. -En xeral, os directores dos centros non están moi satisfeitos. Son eles quenes teñen que xestionar o papeleo e pensan que debería facelo alguén contratado como parte do persoal administrativo. -¿Cal é a postura das asociacions de nais e pais? -Ninguén ten unha opinión definida, pero as Anpa cremos que se debería falar cos libreiros directamente. -O transporte escolar é outro tema que preocupa á federación -Ata o 2007 non remata o plazo para implantar a figura do acompañante nos buses, polo que como moitos centros non a implantan, os nenos de 3 e 4 anos non poden facer uso deste servicio. -¿Pódese relacionar esta cuestión co descenso de alumnos nos centros públicos? -A existencia de transporte escolar é imprescindible, e os nenos de 3 e 4 anos non poden viaxar sós en autobús, nin o conductor pode encargarse deles. A consecuencia negativa é a supresión dos grupos que teñen sete alumnos ou menos e o seu reagrupamento en unidades mixtas de Infantil e Primaria, sempre que non superen os dezaséis alumnos. -¿A federación de Anpa prevé convocar algunha protesta ó respecto? -Non temos nada definido aínda, pero si cremos que o comezo de curso virá marcado por esta polémica. Este reagrupamento de nenos e nenas de distintos niveis é un atentado contra a calidade do ensino. -Pola contra, respecto ós comedores escolares, si se amosan satisfeitos cos logros conqueridos. -Dende hai dous anos, o concello implicouse neste tema, con subvencións, e agora existen 31 en funcionamento que dan servicio a 125.000 comensais durante o curso. Todo o que sexa invertir en infancia é invertir en futuro, e nesto non se deben escatimar gastos. -¿Cúbrese a demanda con estas prazas ofertadas? -As solicitudes dos pais incrementan considerablemente, polo que algún dos que existen deberá ser ampliado. e esperamos abrir tres comedores máis o curso que vén. -¿O descenso da natalidade inflúe na participación nas asociacións escolares? -A participación é desigual, pero sí se nota preocupación por parte dos pais novos, xa que xurdiron varias asociacións na educación infantil. O interesante é que o tempo que se lle adiquen á educación dos fillos sexa de calidade. Non se pode olvidar que a educación ten que ser complementaria entre familia e centros educativos. -¿Que outras actividades desenvolven as Apa? -É preciso distinguir entre a federación e as asociacións de nais e pais. Éstas deben participar na vida dos centros, facer propostas ó consello escolar e estar ó tanto dos resultados académicos do alumnado. A federación ten como obxectivo promover a formación das Anpa, e para elo, este ano organizou cursos sobre a lei de educación e a coeducación. Outro servizo que ofrecemos é a asistencia hospitalaria e domiciliaria. -Probablemente esta faceta non é moi coñecida. -Coido que non. Os pais terían que saber que en Vigo funciona unha aula hospitalaria no Xeral, e se os nenos están nas súas casas durante un período longo por enfermidade, teñen dereito a asistencia do profesor á súa casa.