O auditorio de La Casa do Libro encheuse onte na presentación que Yolanda Castaño fixo de O libro da egoísta , a última e única obra que a autora escribiu nos derradeiros cinco anos. A poeta fixo unha atípica presentación do texto editado por Galaxia valéndose doutros elementos creativos como a música orixinal composta para a ocasión, a imaxe e a súa propia voz grabada en off nun vídeopoema . A autora, de vinteseis anos, ven de conquerir un dos fitos máis difíciles de conquerir no mundo literario, xa que é a primeira vez que unha obra do xénero poético atópase na lista dos libros máis vendidos por enriba de obras de narrativa. Castaño reflexiona sobre a súa propia identidade con autocrítica e ironía, e pensa que o xénero poético é o máis egoísta, razón do título.