O Centro Cívico de Teis estrea auditorio

La Voz

VIGO

M. MORALEJO

17 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Desde onte, o Centro Cívico de Teis conta cun auditorio con capacidade para 300 persoas, e unha superficie útil de 754 metros cadrados. O orzamento empregado ascendeu a 645.876 euros, e a redacción do proxecto foi asumida polo arquitecto Daniel Beiras. O pasado ano, o centro foi dotado cun edificio de servicios, e está previsto que ó longo deste ano se constrúa unha pista polideportiva.