Tres visións de Taramancos

La Voz J. L. | VIGO

VIGO

A Editorial Galaxia edita tres novos libros de poesía centrados na figura do escritor noiés Antón Avilés

13 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A celebración do Día das Letras Galegas ten este ano a Antón Avilés de Taramancos como centro das homenaxes oficiais. Coincidindo con esta data, a Editorial Galaxia presentou onte tres novos libros de poesía centrados na figura do escritor. Por unha banda, Xosé María Álvarez Cáccamo propón a Vida de Antón Avilés de Taramancos . Imaxinación e aventura se confunden no libro de un Cáccamo estudioso e amigo do poeta. Pola súa parte, Ana Romaní asina a Antoloxía da obra de Avilés, onde se recolle non só a poesía, se non tamén a narrativa e a denominada «obra viva» de difusión xornalística. E para rematar a homenaxe, Galaxia presenta unha nova edición de As torres no Ar , do propio Antón Avilés de Taramancos. Esta obra significa a madurez plena na creación poética do autor e foi publicado por vez primeira no ano 1989, cando xa estaba instalado definitivamente en Galicia. O libro divídese en tres partes: Cantos a carón da terra , que inclue textos centrados na natureza, O cántico da aves , na estilística do versículo, e máis A torre secreta , un poemario de amor.