A feira libreira que organiza a Asociación Galega de Editores segue congregando a centos de nenos e adultos na Alameda da Plaza de Compostela
11 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.A terceira xornada do Salón do Libro Galego, que organiza a Asociación Galega de Editores, comezou onte cunha visita de alumnos de diversos centros escolares da cidade. Os rapaces poideron comprobar en directo como o dibuxante Pepe Carreiro facía un traballo de ilustracións na propia carpa da feira. Os nenos quedaron gratamente sorprendidos dos pasos percorridos polo dibuxante para crear unha obra. Esta terceira xornada estivo marcada pola intermitente choiva, aínda que a carpa, instalada por vez primeira, acubillou ós numerosos visitantes, que poideron coñecer as últimas novidades das editoriais galegas.Xa polo serán, o salón realizou a súa particular homenaxe a Antón Avilés de Taramancos, escritor ó que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. O acto consistiu en unha lectura pública de algúns textos do escritor noiés protagonizada por varios persoas. Antón Mascato, de Edicións O Cumio, e Alberte Momán, da revista Escarlata , foron os encargados de iniciar a lectura dos poemas de Taramancos, aínde que foron varias as persoas que, dun xeito anónimo, seguiron declamando en voz alta os versos de Taramancos. A propia voz do poeta puido ser escoitada mediante unha grabación, na que declamaba, pausada pero rotundamente, algúns dos seus poemas más coñecidos. Novo libro de An Alfaya O salón continúa hoxe con unha importante citas cas novidades editorias. A partir das 12.00 horas, terá lugar a presentación do último lbro da escritora An Alfaya e publicado por Edicións Xerais. A encantadora foi finalista na última edición do Premio Merlín, e aborda un tema pouco tratado na literatura infantil galega, unha historia de amor entre persoas maiores, donde asoman uns personaxes que recenden a nube de azucre de feira, ateigada de sentimentos tenros, alleos ás barreiras de idade. As seis da tarde, o programa de actos do salón se completa cunha actividade de creación literaria destinada ó público infantil, que leva por título Escríbeme un conto . É un obradoiro no que os rapaces participan activamente.