Loa a un personaxe singular

VIGO

28 ene 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Non é doado facer coincidir nun mesmo acto de recoñecemento personal a entidades e institución de orixe tan variado como Alecrín, Real Club Celta, Sindicato Unificado de Policía ou o Club Financieiro. Onte foi posible no acto de recoñecemento á labor desempeñada ó frente da comisaría de Vigo-Redondela por Luis García Mañá. «O acto trata de facer unha loa de alguén que sendo funcionario público tamén está interesado pola cultura galega, e soubo xuntar ambas figuras», afirmou Xosé González, presidente da Fundación Premios da Crítica, entidade organizadora da homenaxe, despois de que un dúo de clarinetistas abrera a sesión onte na sala de conferencias del Centro Cultural Caixanova. Poema enmarcado Trala prosa chegóulle o turno á poesía dende a voz de María do Carmo Kruckemberg. A poetisa viguesa recitou un poema adicado ó novo comisario de Ourense no que di: «porque nós, non queremos perder a lonxanía. Ficaremos pola eternidade coa mitade máis fermosa e sinxela do teu corazón amigo».