Unha ONG realiza unha campaña de sensibilización en institutos de Vigo
18 nov 2002 . Actualizado a las 06:00 h.«En Galicia pagamos 90 euros por unhas zapatillas deportivas de marca. Fabricalas no Salvador ou en Honduras custa 12 euros, e a muller que as fabrica recibe un euro». Esta é a tarxeta de presentación que fai a ONG Solidaridade Internacional para plantexar a campaña Desmárcate, por un comercio máis xusto e responsable , que desenrrolarán entre 500 estudiantes de ESO de catro institutos vigueses. «Os obxectivos da campaña son informar ós xoves das características do comercio xusto, e achegarlles a idea de que eles poden influir na reducción das inxustizas que, na actualidade, existen no mercado internacional», explica Andrea Soto, responsable de Solidariadade internacional en Vigo. Enquisa de hábitos Solidariedade internacional quere ter unha idea clara do pensamento dos mozos e mozas vigueses respecto a esta cuestión, e lles plantexará unha enquisa, feita por unha socióloga colaboradora da organización non gubernamental. Se trata da primeira enquisa destas características que se fai entre os estudiantes de educación secundaria da cidade de Vigo. «Unha das cuestións que se plantexan na enquisa é saber si os xoves pagarían máis por un producto si en troco se lles garanten os dereitos dos traballadores», sinala Andrea Soto. Os institutos vigueses nos que se desenrrolará a campaña son o Castelao, Álvaro Cunqueiro, A Guía e Coruxo. O comercio xusto encadra as relacións comerciais que respetan os dereitos dos traballadores e están esentas de todo tipo de discriminación. Na cidade, só algúns supermercados dispoñen de seccións adicadas a estes productos. Solidaridade internacional está na procura dun local en Vigo para abrir unha tenda adicada ó comercio xusto e solidario. A campaña ten o respaldo da Xunta, que axuda a ong coa edición dos folletos e os trípticos informadores