O BNG urxe que paren a queima de residuos en As Loucenzas

La Voz M. T. | A GUARDA

VIGO

30 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A A voceira do BNG de A Guarda, Rosa Darriba, asegura que «hai polo menos dous anos que o vertedoiro das Loucenzas é utilizado polo Concello para realizar queimas de residuos que, en moitos casos están clasificados como tóxicos e perigosos polo que o fume e os gases resultantes da incineración, contaminan ó medio ambiente e afectan negativamente á saúde dos veciños». A edil afirma que neste vertedoiro estánse a depositar electrodomésticos, neumáticos ou móbeis, ademáis de rastroxos e restos de poda. O seu partido manifesta, por outra parte, que «supomos que para reducir o volume e ocultar residuos que o Concello non pode recoller, se recurre á queima a pesares de que hoxe en día todos sabemos que, polo risco que implica para a saúde das persoas, é unha técnica totalmente desbotada polas sociedades mínimamente concienciadas e expresamente prohibida pola lexislación de residuos». A edil nacionalista sinala que «nas ocasións que plantexamos esta situación no pleno da corporación municipal, se nos dixo que o único que se queimaba eran rastroxos, cousa que non é certa». Asegura que «actualmente nas Loucenzas queimase todo o que non lle serve a Sogama e que, polo tanto non se pode levar á empacadora de O Rosal». Rosa Darriba manifesta tamén que «ademáis de que estas queimas son ilegais, e supoñen un atentado contra a saúde das persoas, parécenos absolutamente reprobable que, unha vez pechado o vertedeiro de Bazar, o que fai este equipo de goberno é acercar a A Guarda o foco contaminante».