A O Consello aprobou tamén a afectación secundaria dunha parte do porto de Moaña a favor da Consellería de Política Territorial. No terreo instalarase unha terminal marítima de pasaxeiros. Segundo recolle o convenio, o prdeio ocupa unha extensión de 199,04 metros cuadrados e está situado na área de atracadura do servicio de transporte marítimo de viaxeiros na ría de Vigo. A nova Terminal, que facilitará a espera das embarcacións e o embarque de pasaxeiros, situarase nun edificio de planta baixa que contará nas súa instalacións con despacho de billetes, salas de espera, aseos, despachos e cafetería. O porto moañés está integrado no patrimonio da Comunidade Auntonómica de Galicia e adscrito ó ente público Portos de Galicia. Este organismo emitiu informe favorable á afectación solicitada por Política Territorial, xa que non é incompatible o uso previsto para o predio, co resto das actividades existentes e previstas no porto. A afectación secundaria non altera a adscrición orgánica esixida pola afectación provincial, o seu destino a usos portuarios, da que é titular Portos de Galicia.