Y ADEMÁS

La Voz

VIGO

13 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

El BNG, contra la subida de tarifas de Sogama O BNG do Porriño manifestou o seu malestar polo anuncio da suba dun 30% nas tarifas de Sogama. Advirten que este aumento vai repercutir «gravemente» nas arcas municipais. O Porriño paga mensualmente 17.000 euros que, con este incremento pasaran a 22.000. O Bloque xa se posicionara no seu día en contra do asinamento do convenio con Sogama, xa que sempre avogou por un tratamento do lixo baseado na compostaxe. Agora sinalan como principal responsable ó goberno. Concurso de gaitas O Concello de Ponteareas convoca para os vindeiros días 21 e 22 de setembro unha nova edición do Concurso Rexional de Gaitas. As bases especifican que cada grupo estará integrado por dúas gaitas tradicionais, un bombo e un tamboril, ademais os integrantes deben vestir o traxe galego completo. Na fase eliminatoria e na final deben interpretar dúas pezas de raíz melódica galega de libre elección.