05 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.
Tanto os socialistas coma os nacionalistas do Porriño ofrecerán esta semana información a tódalos veciños que o desexen sobre os resultados das alegacións ó Plan Xeral de Ordenación Urbana do Porriño. Estos dous partidos da oposición tamén iniciarán no Parlamento, a traverso dos respectivos parlamentarios, os trámites a seguir a partir de agora. Así por exemplo o BNG informará o concelleiro de Política Territorial sobre «os puntos máis oscuros e inxustos do PXOM». Pola súa banda os socialistas dirixiranse as consellerías que emitiron «informes desfavorables» contra o plan como Medio Ambiente, Cultura ou Política Territorial.