O teatro para nen@s

La Voz

VIGO

A O luns iníciase tamén a semana do teatro infantil coa actuación do grupo catalán «El negro y el flaco». A praza da Estrela será o escenario elexido para a representación de Alquimia, unha obra cómica na que nos presentan a dous pallasos que viven situacións pseudoteatrais e malabarismos coa mestura elementos máxicos e figuras feitas con pompas de xabón. Esta compañía caracterizase sobre todo por uns espectáculos de carácter cómico e moi variadas. Desenvolven animación con personaxes, talleres malabares, números de circo e buffonatas. É unha combinación de teatro, mimo e outros elementos moi persoais. Así que non vai ser moi difícil ver neste espectáculo a zancudos, monociclistas, pallasos e malabaristas. Esta actuación pertence a semana de teatro para nenos que terán lugar dende o luns e ata o próximo domingo na praza da Estrela as 20.00 horas. A entrada é gratuita e o espectáculo vai dirixido a toda a familia.