O PSOE denuncia unhas obras en A Pasaxe

Monica Torres
Mónica Torres A GUARDA

VIGO

O PSOE de A Guarda denuncia que as obras que se están a desenvolver, dentro do proxecto «Estación Marítima no Pasaxe» agreden de xeito moi importante ó esteiro do Miño e ás súas vistas. Por este motivo instan ó conselleiro de Política Territorial a que as paralice e busque unha mellor solución tendo en conta a opinión de tódolos partidos representados no Concello así como a colectivos que queiran participar. Os ediles socialistas sinalan que «tal como está concebida, a chamada estación marítima impacta tremendamente e pecha un espacio aberto impresionante». Afirman que a idea do edificio tenta buscar a semellanza coa ponte dun barco.