Ésta é unha folga que vai a ter gran trascendecia polo importante calado das razóns de fondo que nela se dirimen. Asó o entendeu o Goberno que por dúas veces intentou distraer a atención do conflicto principal: primeiro dicindo que a reforma só afectaba a un pequeno número de parados; agora dicindo que é unha folga política. Tamén o Goberno e a patronal están despregando dende hai días todo o seu poder coactivo para facer fracasar a folga. Pero o que está en xogo, coma sempre, son os dereitos e cartos, Así, por unha banda, o Estado vaia a aforrar miles de millóns recortandoprestacións sociais e os empresarios deixarán de gastar millóns ao desaparecer os salarios de tramitación. Por isto, e polas xornadas de 10 e 11 horas, polo fraude nos contratos, pola precariedade, pola eventualidade, polo paro, a CIG, a igula que a maioría dos traballadores de Galicia entendemos que está xustificada unha folga xeral ou dúas, ou...