: FAI CASE DOUS MESES da chorada e inesperada morte de Carlos Casares , e en cada acto no que a súa figura é protagonista, énchense as butacas dos auditorios e encóllense os corazóns dos que o siguen sentindo tan cercano. Onte foi a presentación pública da súa derradeira novela, que non chegou a ter nas súas mans tal e como os lectores a poden ler, ver e tocar, cás tapas duras e o diseño de Manuel Janeiro, xa que finou o mesmo día que entregara na editorial Galaxia a versión definitiva do manuscrito. No teatro Fraga Caixa Galicia de Vigo encontráronse amigos, coñecidos e admiradores dun home do que, amais de apreciado polo seu compromiso con Galicia e destacado pola súa producción literaria e divulgativa como autor, editor e conferenciante, era ben querido pola súa grande humanidade. A posta de largo de « O sol do verán» tivo como paladíns os máximos representantes das institucións oficiais, desde o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro , ata o seu sucesor no cargo de presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz . O presidente de Galaxia, Xaime Isla Couto , ausentouse por enfermidade, pero alí estaba o subdirector da editorial, Damián Villalaín , para contar cómo foi o proceso da escrita da derradeira obra de Casares. : E Ó ESCEARIO SUBÍUSE tamén Manuel Rivas , que chegou carregando ca súa carteira de coiro e protagonizou a anécdota da tarde ó achegarse ata a beira do estrado para comprobar se as froles que ornamentaban a escena eran verdadeiras, -que o eran (nunca saberemos cómo saería do apuro se fosen de plástico)-, e aspirar o seu aroma antes do seu turno para falar inspirado. A viuda de Casares, Kristina Berg , sentíuse indisposta unhas horas antes do comenzo do acto e un dos seus fillos, Hakae , acudíu no seu lugar e no seu nome líu o que ela preparara en lembranza do marido arrincando a ovación e os aplausos emocionados dos asistentes. Se o poidera ver, Carlos Casares vería coma o teatro enchíase de xente para recibir as súas últimas palabras encadernadas e lér con avidez e un punto de tristeza a súa novela, sabendo que xa no lle poderán comentar nada, có que a él lle gustaba a conversa... José Luis Méndez , director xeral de Caixa Galicia, lembraba precisamente a súa estreita relación con Casares, có que máis que falar, andaba de leria, según dixo. Na presentación estiveron numerosos persoeiros do mundo da cultura, a política e a sociedade viguesa. : O FLAMANTE reelexido rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo , acudía a súa primeira cita pública do seu segundo mandato. E tampouco quixo faltar o noso heroe local, Valedor do Cidadán de Vigo, Luis Espada Recarey , e o conselleiro delegado de Pescanova, Alfonso Paz Andrade , o alcalde, Lois Pérez Castrillo , a concelleira de Patrimonio, Carme Corbalán , o presidente de Adegas Galegas, Xosé María Fonseca , o escritor Víctor Freixanes , o presidente do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé María Palmeiro , o polígrafo e revelado poeta Xesús Alonso Montero , ou a portavoz da asociación de mulleres Diálogos 90, Marita Vázquez de la Cruz , entre outros moitos convidados a coñecer de primeira man o sol do verán nunha cálida tarde-noite de primaveira. Dixera Damián Villalaín abrindo o turno de oradores que o mellor homenaxe a Casares era estar alí, pero tamén o pode ser estar con él mergullándose na historia que imaxinou e na que a evocación do pasado e a nostalxia por un tempo que xa non voltará ten un peso fundamental. As famosas últimas palabras do escritor que foise sin tempo para homenaxes nin despedidas, recóllense en douscentas cuarenta páxinas tinxidas de melancolía que quedan para sempre coma toda a súa obra e o seu vivo recordo.