O patrimonio inmaterial é o tema da nova edición do programa «Ponte nas Ondas»

REDACCIÓN VIGO

VIGO

18 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Vintenove centros educativos de Galicia, once de Portugal, dous de Cuba, un do Brasil e outro da Guinea-Bissau vanse misturar hoxe nunha nova edición do programa interescolar de radio «Ponte nas Ondas». Dende as 9.45 horas e ata as doce da noite, os centros participantes emitirán, a través das ondas radiofónicas, diferentes programas preparados arredor dun tema común: O patrimonio inmaterial intanxible. O tema é un proxecto da Unesco que ten como obxectivo a defensa de formas de expresión popular e tradicional como é a lingua, a literatura oral ou a música. Así, algúns dos temas preparados polos alumnos dos centros percorren a tradición oral na Guinea-Bissau, o cancioneiro popular de Tomiño o a vixencia e valor da cultura inmaterial tradicional. No transcurso do día, vanse establecer duas videoconferencias entre centros galegos y americanos. A primera unirá a rapaces de Salvaterra e Rio de Janeiro, e a segunda novamente a alumnos de Salvaterra con outros de La Habana. A xornada rematará cunha homenaxe a Carlos Casares, que tiña previsto colaborar nesta edición, e unha entrevista exclusiva cos membros de Milladoiro. «Ponte nas Ondas» comenzou hai oito anos como un xeito de mostrar as culturas galega y portugesa a escolares de ámbalas duas beiras do río Miño. Co tempo, a experiencia foi adquirindo unha maior dimensión, e agora atinxe a tres continentes. En Brasil, o ministerio de Educación quere imitar a experiencia galego-portuguesa entre os centros do seu país.