Olaia Fernández Davila, candidata número tres do BNG por Pontevedra Olaia Fernández Davila é unha muller de carácter, fumadora empedernida e feminista hasta o último gen do ADN. Leva oito anos no Parlamento de Galicia como deputada do Bloque Nacionalista especializada en materias sociais, e o próximo 21 de outubro tentará outra vez a sorte das urnas para repetir como candidata número tres pola provincia de Pontevedra. Di que sempre acerta nas súas prediccións, e para o vindeiro domingo ten o pálpito de que o BNG subirá en votos e en representación. ¿Acertará?
12 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Olaia Fernández Davila taconea, pitillo en man, polo chan de madeira da sede do BNG de Vigo, baixo a atenta mirada de Beiras que se desplega e multiplica polas paredes. -Imaxine que estamos na noite do 21 de outubro ¿por que resultado estaría disposta a asinar agora mesmo? -O noso obxetivo é subir en deputados, non somentes en votos. Eu coido que serán entre sete e oito en Pontevedra. O número oito ten moitas posibilidades de saída. Si me pregunta a miña quiniela, apostaría por 37 para o PP, 23 para o BNG e 15 para o PSOE. -A campaña destes días está derivando nun debate «pacto sí, pacto non» entre BNG e PSdG-PSOE ¿Cal é a súa posición? -O pacto é unha posibilidade real. Nos percibimos na sociedade unha vontade de cambio. O propio PP o percibe así e o feito de que nas súas listas non vaian conselleiros significa que están asustados. Remítome as palabras de Beiras. Chegado o momento haberá que alcanzar un acordo, pero terá que ser en base a un programa. -O PP pon a Vigo como referente do mal que funcionaría un pacto entre BNG e PSdG-PSOE... -Sí, pero Vigo é o mellor exemplo de que as cousas poden funcionar, porque este era o pacto máis dificultoso e conflictivo. Hoxe a situación é moi distinta. As cousas funcionan. En dous anos se están movendo cousas que levaban moito tempo paradas. -¿Cómo explica as boas relacións do alcalde de Vigo con Cuiña e Álvarez Cascos? -Se trata en todo caso de boas relacións intitucionais. -A campaña non está a despertar moito enterese na sociedade. Algúns partidos non enchen os seus mítines. -Eso se explica porque se informou moi tarde a xente de que as elección iban a ser o día 21. Houbo un intento de que pasara desapercibida hasta un mes antes. Sobre o que dí dos mítines, discrepo. Os do BNG están sempre cheos. -Convenza os electores para que a voten o día 21. -Primeiro, porque ningún outro partido vai a defender os intereses de Galicia como o BNG. En segundo lugar, polo progreso económico e social, e en terceiro lugar para que se rexenere a vida democrática e a salud política e se termine coas prácticas clientelares.