«O clube terá que pagar un vehículo médico para os partidos»

La Voz

VIGO

Xaquín de Acosta, concelleiro de Seguridade

29 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O concelleiro de Seguridade, Xaquín de Acosta, asegura que o seu departamento fixo xestións coa Xunta e o Real Club Celta para que donen unha nova ambulancia a Protección Civil, que tamén presta servicio nos concertos de Castrelos, carreiras de ciclismo e outros eventos deportivos. A Xunta, que mercou a actual ambulancia, alega que o convenio non incluía a renovación. O concelleiro mantén que esto «non está fechado». -¿Quén cubrirá as carreiras ciclistas ou os partidos do Celta se o vindeiro 9 de setembro Protección Civil perde a ambulancia? -O vehículo acompaña á policía local, por exemplo cando foron as probas físicas de ingreso. Se nos quedamos sen ambulancia teremos que chamar ó 061 ou contratarmos un servicio privado. Podemos asinar algún convenio. Se caen os ciclistas, estos son os medios que hai. Debo dicir que este departamento inviste máis cartos en Protección Civil que hai dous anos. Co noso Goberno houbo un incremento orzamentario. -¿Qué outras fórmulas alternativas propón? -Por un lado, a Xunta vaiaplicar uns plans restrictivos e o Concello ten outras prioridades no orzamento. A solución podería vir por unha financiación procedente de entidades privadas ou colaboradoras. -¿Sería o caso do Celta? -Sí, hai dous meses plantexamos o problema ó club. -¿E houbo resposta? -Non hai nada pechado. Non sei se haberá posibilidades. Pode que o clube resposte agora que comeza a Liga. Algún vehículo médico terá que contratar para cubri-la seguridade dos partidos do Celta. -¿Esta ambulancia foi requerida para as prácticas de tiro da policía local? -Só sei que hai axentes que están a facer prácticas de tiro estes días.