O BNG denuncia que a auga de A Guarda carece de cloro

La Voz

VIGO

Darriba di que a cloración é fundamental para evitar a transmisión de bacterias O BNG de A Guarda asegura, á vista dunha inspección da Delegación de Sanidade, que a auga do colexio As Solanas non está clorada. A súa portavoz, Rosa Darriba, advirte do perigo desta situación, non só para os alumnos deste Centro senón para todos aqueles veciños que usen a mesma auga da traida. Este partido demándalle ó equipo de goberno que poña fin a esta situación.

04 jun 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

MÓNICA TORRES A GUARDA. Correspondente A portavoz do BNG guardés denunciou onte que a auga do colexio Solanas non está clorada. Rosa Darriba asegura que a Delegación de Educación remitira xa en marzo as actas da inspección elaboradas pola Delegación de Sanidade e Servicios Sociais, nas que advertía das deficiencias observadas e na que xa insistían en que a auga deste colexio guardés non estaba clorada. O BNG afirma que Sanidade fixo a semana pasada outra inspección, e volveu a informar da falta de cloro e do perigo que isto conleva para a saúde dos propios nenos. Rosa Darriba manifestou que o seu partido xa denunciara este feito no pleno de novembro do ano pasado, despois de que unha inspección de Saúde advertira en novembro que a auga do edificio de Infantil e o de Primaria non tiña cloro. Os membros do Bloque din que, como a auga deste colexio é de traida municipal, tódolos veciños de A Guarda que a usan están a correr o mesmo risco. Darriba resalta a «irresponsabilidade por parte deo Concello» que ten a obriga de velar pola saúde das persoas e sinala que «a cloración da auga para o consumo é obrigatoria xa que serve para esterelizala e evitar a transimisión de bacterias causantes de diversas enfermidades». O BNG esixe que se remedie de inmediato esta situación e que o Concello faga os controis necesarios para que non se volva a producir.