16 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.
O Salón do Libro Galego celebra hoxe a súa última xornada con tres citas. Moncho Borrajo asina desde as 11 horas exemplares das súas obras Animaliños, Meu querido padre Ramón e Toño. Elisardo López Varela, autor do ensaio Unha casa para a lingua. A Real Academia Galega baixo a presidencia de Murguía, o presenta ás 17 horas. O escritor Adolfo Caamaño asina os seus libros a partires das 20 horas e o certame do libro no que se amosan máis de 7.000 exemplares de 23 editoriais galegas, pecha a porta na carpa instalada na Alameda ás 22 horas.