Ponteareas conmemora o centenario do nacemento de Fermín Bouza Brey

La Voz

VIGO

XULIO VILLARINO

O Concello acolle esta sábado unha sesión académica na que participará a filla do homenaxeado O concello de Ponteareas e a asemblea cultural nacionalista Nao Senlleira, teñen en marcha unha serie de actividades orientadas a conmemorar o centenario do nacemento do poeta e polígrafo Fermín Bouza Brey. Aínda que ambas entidades teñen por obxecto recuperar a figura do insigne ponteareán, o programa previsto polo colectivo ten un marcado carácter reivindicativo, coa colocación simbólica do seu nome na avenida que o pleno acordou adicarlle pero que o goberno municipal aínda non executou.

28 mar 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

S. QUEIMALIÑOS PONTEAREAS. Correspondente A primeira das actividades organizadas polo concello consistirá nunha sesión académica que se celebrará este sábado ás 19 horas na Casa Consistorial. Neste acto intervendrán Xaime Illa Couto en representación da Real Academia Galega; Isabel Bouza Alvarez en representación da familia e a alcaldesa ponteareana, Nava Castro. Posteriormente procederase a descubrir unha praca na casa natal do insigne poeta, ubicada na Praza Maior. Esta conmemoración completarase coa inauguración, a mediados de abril, do Centro de Recuperación de Cultura Popular instalado no Castelo de Sobroso, que inclúe unha tenda de artesanía da comarca e un taller de confección textil artesanal. Asemade, o Concello presentou as bases que rexirán a convocatoria do premio de investigación «Fermín Bouza Brey» orientado a premiar obras inéditas sobre arte, arqueoloxía, etnografía, historia ou literatura popular centradas en Ponteareas e a comarca do Condado. Os participantes poderán presentar os seus traballos ata o vindeiro 23 de outubro e optar así a un premio dotado con 300.000 pesetas. Xa no mes de maio está previsto un recital poético organizado en colaboración con Caixanova.